PLAN PROXECTA "DONAS DE SI"

    Primeiramente, antes de comezar a ensinarvos as actividades que fumos facendo ao longo do curso no seo deste programa, tentaremos explicarvos un pouquiño en que consiste o mesmo.



QUE É UN PLAN PROXECTA?

    O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con outros organismos, que busca fomentar a innovación educativa nos centro a través de diferentes programas que axuden no desenvolvemento dos diferentes elementos curriculares nos que se inclúe a educación en valores. 

EN QUE CONSISTE O PLAN PROXECTA DONAS DE SI?

    O Plan Proxecta "Donas de si" asenta as súas bases en dar visibilidade e pór en valor a participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural. Así como tamén achegarnos ao traballo doutros contidos vencellados á educación en valores como son os estereotipos de xénero... Todo isto levarase a cabo a través de diferentes actividades propostas dende a propia Consellería, así como tamén o achegamento de materiais para a realización de actividades e tamén a axuda económica para a realización das actividades libres que o propio centro programará e realizará tendo en conta a temática e os obxectivos a acadar no programa.

Unha vez explicada a base teórica do proxecto no que estamos implicados/as, será a partires deste momento cando comecemos a compartir con todos/as vós as actividades que fumos realizando ao longo do curso. 


Titoras e Mestras de Educación Infantil do CEIP De Vite I

Comentarios

Entradas populares